
A Dirección Xeral de Saúde Pública fixa a prohibición permanente de acceso a este área
02 jun 2020 . Actualizado a las 13:38 h.A zona de baño do río Neira ao seu paso por Baralla ven de ser eliminada da listaxe de puntos seguros, segundo publicou onte a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade, que estableceu a prohibición permanente do baño nesa área debido á insuficiencia da calidade rexistrada nas últimas cinco tempadas.
Baralla se incorpora así a unha lista de prohibicións da que xa forman parte a zona de Penaoural, en Burela; a do Río Saa, na Pobra de Brollón, e a de San Clodio, en Ribas de Sil. A diferenza é que no resto dos casos a prohibición do baño se remonta a 2016, mentres que Baralla estrea esa circunstancia este ano.
Saúde Pública indica que, segundo a lexislación vixente, nas zonas de baño con «clasificación sanitaria insuficiente», como é o caso de Baralla, deberán adoptarse medidas de xestión adecuadas como a prohibición do baño ou a recomendación de absterse deste, para evitar a exposición dos bañistas á contaminación.
A prohibición do baño nesta área ven motivada pola inspección realizada polo equipo de saúde pública, que se encarga, entre outras cousas de analizar os parámetros microbiolóxicos escherichia coli e enterocos intestinais.