O Belén de Begonte cumpre 50 anos con 40.000 visitantes en esta última edición

CANDELA F. ROLDÁN LUGO/LA VOZ

BEGONTE

O Belén de Begonte pecha a edición con máis de 40.000 visitantes.
O Belén de Begonte pecha a edición con máis de 40.000 visitantes. CEDIDA

O Salón do centro cultural «José Domínguez Guizán» celebrou onte o acto de clausura cos premios dos certames

29 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

O Salón do centro cultural «José Domínguez Guizán» de Begonte, celebrou onte o acto de clausura do Cincuentenario do Belén, onde entregaron os premios dos catro certames culturais convocados con tal motivo, así como os títulos de Socios de Honra.

Ponse fin así a case dous meses de celebracións, desde o comezo do pasado mes de decembro, inauguradas polo Presidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda.

Ó facer balance, os organizadores do evento aseguraron que o Belén de Begonte, sen contar a última semana de xaneiro, superou os 40.000 visitantes desde a súa apertura a comezos do pasado mes de decembro, rebasando as cifras da pre-pandemia.

A estas visitas físicas ao Belén na súa sede de Begonte, únense as máis de 35.000 virtuais, das que 4.756 foron a través de Youtube, sendo 316 as visitas ao Belén 360º, 2.060 ao belén virtual en galego, 2.204 en castelán e 170 en inglés.

Os días de apertura no mes de xaneiro tiveron un promedio de 750 visitantes diarios, aos que hai que sumar as numerosas visitas colectivas (máis de trinta), entre as que destacan as de colexios, centros da terceira idade, entidades culturais e sociais e, na pasada semana, o grupo de usuarios de Aspnais que visitaron o Belén e o seu museo, contemplaron o traballo do artista Diego As, que xa está exposto na vila, polo que a xente xa pode gozar da obra dun dos artistas máis prestixiosos de todo o mundo sen saír da localidade.

Os premiados foron Antonio Calvo Varela, de Lugo (1º premio) e Juan Lorenzo Collado Gómez, de Abacete (2º), do Premio Nacional de Poesía; Santiago Rodríguez López, de Bristol-U.K. (1º) e Pepe Pol (2º) do certame de Xornalismo, Manuel Carballeira Rivas e Santiago Lago Canzobre (Mención de Honra) do Certame Galego de arte, ademais dos premios das categorías infantís.