Récord de prezos na poxa de Friol: 5.000 euros por unha novilla frisona

Paula Álvarez García
P. ÁLVAREZ FRIOL / LA VOZ

FRIOL

Óscar Cela

O municipio celebra este sábado a terceira edición da Poxa de Gando Frisón, moi aclamada polo público e que na que subastaron ata 16 animais cun prezo medio por cabeza de 3.000 euros

25 ene 2025 . Actualizado a las 19:31 h.

En Friol están este sábado de festa. Continúan co concurso de tapas, que remata o domingo, e celebraron durante o día a terceira edición da Poxa de Gando Frisón. Sacaron 16 animais á pista con gran aclamación do público, que se acercou ata o municipio lucense para gozar da programación do día. 

Óscar Cela

O récord do prezo da subasta foi para unha novilla frisona, que se poxou en 5.000 euros. Pertencía a gandería Casa Gabino de Friol e foi para Casa Varela. O prezo medio por cabeza entre o gando que saíu a pista foi de 3.147 euros e acadouse un volume total de vendas de máis de 50.000 euros. 

A novilla subastada en 5.000 euros pertencía a gandería Casa Gabino de Friol e foi para Casa Varela
A novilla subastada en 5.000 euros pertencía a gandería Casa Gabino de Friol e foi para Casa Varela