O gañador do premio Díaz Castro de poesía coñécese o venres

GUITIRIZ

Un total de 60 obras aspiran ao recoñecemento do xurado

17 feb 2016 . Actualizado a las 20:11 h.

A primeira edición do premio Xosé María Díaz Castro terá gañador o venres. O galardón, creado polo Concello de Guitiriz en memoria do autor de «Nimbos», convocouse o pasado mes de outubro, e malia os poucos meses transcorridos un total de 60 obras de poesía aspiran ao premio. No anuncio do gañador estarán presentes os membros do xurado.

O premio xorde tras dous anos nos que abundaron as actividades de homenaxe a Díaz Castro. No 2014 a Real Academia Galega dedicoulle o Día das Letras Galegas e cumpríronse cen anos do seu nacemento, e no 2015 lembráronse os 25 anos da súa morte. Por outra banda, da recuperación da súa figura téñense ocupado, con iniciativas diferentes, a Asociación Cultural Xermolos ou o IES Díaz Castro.