Recoñecemento ao labor que fan os rapaces novos no achegamento a escritores

La Voz

GUITIRIZ

05 sep 2016 . Actualizado a las 05:00 h.

Espallar a figura de Xosé María Díaz Castro tense convertido nos últimos tempos, en Guitiriz, nunha empresa case colectiva. Por exemplo, no instituto, que leva o nome do autor de «Nimbos» desenvolvéronse varias iniciativas, que teñen como denominador común o protagonismo acadado polos alumnos. Participaron no proxecto audiovisual «A lus do mundo» e no deseño de itinerarios que se basean no escritor dos Vilares.

Para Cascudo, trátase de proxectos merecentes de louvanza. Os rapaces, di, «poñen os vimbios do futuro», e considéraos máis merecentes de admiración ca el por esa tarefa. Tamén opina que esas actividades se axeitan ao que cre conveniente dentro da educación do século XXI.