Festa da Xuventude de Guitiriz

la voz LUGO

GUITIRIZ

Presentación da Festa da Xuventude de Guitiriz
Presentación da Festa da Xuventude de Guitiriz CEDIDA

Celébrase este sábado 22, dentro das patronais de San Xoán

20 jun 2024 . Actualizado a las 17:31 h.

A Xunta colabora coa terceira Festa da Xuventude de Guitiriz, que organiza este sábado a Asociación Cultural e Deportiva Ecce Homo, no marco das festas de San Xoán que se celebran na vila. Na presentación do evento estivo o delegado da Xunta, Javier Arias, e o representante da organización, Jesús Ángel Fonte.

A festa terá lugar na praza de Santa María, no entorno do Campo da Feira. Comezará ás 13.30 horas, coa sesión vermú na que actuarán o grupo Os Trapeiros dos Vilares e Javi Show. Para a noite está programado o concerto de La última legión, e os pinchadiscos Celso Bayo e de Iván Estévez Aka DJ Galvi.