?demais da súa faceta de docente do Conservatorio de Danza de Galicia, situado en Lugo, Jesús Quiroga dirixe a Compañía Galega de Danza Contemporánea. En plenas festas de San Froilán representarán no Gustavo Freire a obra Valle rosa , coa que o grupo iniciou hai un ano unha longa xira por España e Galicia. A peza está baseada, principalmente, nos versos de Rosalía de Castro, aínda que tamén aparecen como protagonistas poetisas galegas de diferentes xeracións. Ademais da escritora padronesa, as outras personaxes son Luz Pozo Garza, Marina Mayoral e Eva Veiga. Música O obxectivo de Valle rosa é reflectir a alma femenina, cunha posta en escea arriscada e cunha música que vai dende a medieval ata a contemporánea. Hai pezas de Mozart, Vivaldi, Andrés Gaos e péchase co Negra sombra , de Xoán Montes. A estrea en Lugo contará coa presenza da Orquestra Sinfónica de Galicia