O arquitecto ceense aténdenos mentres pasea por O Pindo «antes de ir ás festas da Xunqueira». Está de vacacións. Nelas gústalle «descansar, ler moito, pasear e saír ao mar» co seu barquiño. Relaxación co mar sempre por medio, que lle serve para inspirarse. «Ten moito que ver nas miñas obras. Cousas como o bater nas pedras». Inspírao o mar, pero tamén «a marabillosa paisaxe que temos na Costa da Morte, que é única e hai que conservala». Tamén fala da desfeita: «Reflicte a nosa forza como pobo, esa especie de salvaxe imaxinario que temos, pero que escaralla as cousas». Creus tamén aproveita para visitar as súas obras en Malpica e Fisterra, das que está «orgulloso».
o verÁn de... Juan CREUS
-Comida e bebida.
-A xarda á brasa, ben cocida, acompañada dun Albariño.
-Praia favorita.
-As de Carnota.
-Non sae da casa sen...
-O móbil, un bolígrafo e un lapis.
-O mellor e o peor do día.
-O mellor é pola mañá. O peor, despois de comer, aínda que estando de vacacións todos son bos.
-¿Romarías ou verbenas?
-A sesión vermú.
-Gasta pista con...
-De Vigo vengo y a Lugo voy, de Marful. Non son moi bailón, pero gústame esa canción.
-No verán infórmase...
-Ca prensa escrita.
-A viaxe deste verán.
-Barcelona e maila nosa zona.