El nuevo director de la Banda de Lugo está pendiente del puesto para dirigir la de Santiago

Lorena García Calvo
lorena garcía calvo LUGO / LA VOZ

LUGO CIUDAD

David Fiúza ya tomó posesión del cargo de director de la Banda Municipal de Música de Lugo
David Fiúza ya tomó posesión del cargo de director de la Banda Municipal de Música de Lugo miguel souto

David Fiúza, que ayer tomó posesión en la ciudad amurallada, sabe que es el mejor posicionado para liderar la de Compostela, y valorará qué hacer cuando sea oficial

22 jul 2021 . Actualizado a las 05:00 h.

Cinco años después de que Rosendo Ivorra colgase la batuta, la Banda Municipal de Lugo al fin tiene nuevo director. El problema es que no se sabe por cuánto tiempo, puesto que David Fiúza, que ayer asumió el cargo tras lograr los mejores resultados en la oposición, está también pendiente de la plaza de director de la banda de Santiago. Hasta donde sabe, ha obtenido las mejores puntuaciones, pero no será hasta después del verano cuando los resultados del proceso selectivo sean oficiales. Será entonces, si se confirma que también ha ganado la plaza, cuando decidirá si se queda en Lugo o si opta por dirigir en Compostela.

«Sei as notas dos exames e sei que gañei a praza, pero tampouco saíu nada publicado. Eu tomei posesión en Lugo, e cando sexa oficial o de Santiago, pois terei que valorar qué facer, porque aínda non o teño claro. De momento, incorpórome en Lugo», explica el músico, que también dirige la banda de Lalín o la de Meaño.

Según las previsiones de Fiúza, «o de Santiago suponse que se saberá á volta do verán, setembro ou outubro. Estes meses seguro que vou estra á fronte da banda de Lugo», explica. En caso de que finalmente el director se decante por irse a Compostela, la vacante lucense podría pasar a manos de David Llano Díaz, que quedó segundo en la oposición.

En los últimos tiempos la creación de bolsas de empleo de músicos y la clarificación de la situación laboral de los integrantes de la banda en la escuela suponen pasos para que la agrupación, con 145 años de vida, inicie una nueva etapa tras tiempos difíciles.

David Fiuza durante a proba para seleccionar ao director da Banda Municipal de Lugo
David Fiuza durante a proba para seleccionar ao director da Banda Municipal de Lugo Carlos Castro

David Fiúza: «A Banda de Lugo debería ser o buque insignia da música da cidade, de Xoán Montes ou Gustavo Freire»

David Fiúza (Vila de Cruces, 1985), a pesar de que aínda non sabe se quedará definitivamente como director da Banda de Lugo, ten moi clara a folla de ruta que quere seguir para sacar adiante o que considera unha responsabilidade.

—Cales serán os primeiros pasos?

—Coñecer internamente como está funcionando todo e a partir de aí ver como se pode optimizar o servizo. Hai que coñecer ben cada compoñente da agrupación, cada músico funcionario, e tamén como está marchando a Escola de música. Empezar a facer ensaios e ver cales son as posibilidades sonoras e as de realización para ir programando xa concertos.

—Non é chegar e dar partituras.

—Se fora unha agrupación que estivera mantendo unha actividade constante ata agora, que xa sabes como está funcionando, poderíase, pero como non é o caso, primeiro hai que coñecela ben.

—Se se queda, cal será a primeira peza que lle gustaría interpretar coa formación?

—A plantilla de músicos que hai vai condicionar radicalmente a programación. É difícil pensar en obras en concreto neste momento, pero está claro que a Banda de Lugo debería ser buque insignia da música que se escribiu na cidade, tanto Xoán Montes, como Gustavo Freire, e moitos outros que pode haber.

—Cal é o número mínimo de músicos que necesita unha banda?

—Calquera agrupación sinfónica, como pode ser unha banda, con menos de 35 é moi difícil poder programar algo. O ideal é unha agrupación de 50 persoas. A partir de aí podes chegar posiblemente a un 75 % do repertorio escrito para banda, con menos diso seguramente estás por debaixo do 25 % para facer o repertorio bandístico dignamente.

—E cando lle gustaría vivir ese primeiro concerto?

—Pois estaría ben que no San Froilán a banda estivera facendo a súa función nas festas da cidade. Se antes se pode facer unha especie de pretempada con concertos na rúa, sería fantástico.