![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/oyLWqgYIP8xXRWvKiOjKf3IwYUM=/480x/2021/10/15/00121634316364806986209/Foto/LO16C2F2_184434.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/IOOnVht47ltlzv_fVmZfwxJSZFw=/480x/2021/10/15/00121634316245122303261/Foto/LO16C2F2_184317.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/IuptCVOjj84xpuvptfmefCO-zM8=/480x/2021/10/15/00121634316244278247899/Foto/LO16C2F2_184256.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/W6bPiNx1HKM1LPBer1Bzq3mawF4=/480x/2021/10/15/00121634316245420737671/Foto/LO16C2F2_184311.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/xpAIR5Zq7H1frTRwkUoBoL37__I=/480x/2021/10/15/00121634316303210108127/Foto/LO16C2F2_184325.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/FUnHsputPJi-OBQ7JDDVKnyLd2A=/480x/2021/10/15/00121634316302929164271/Foto/LO16C2F2_184333.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/4D7Nr4ciqtuX3BkbfrZe9RkBinY=/480x/2021/10/15/00121634316244503842697/Foto/LO16C2F2_184226.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/7_O52Y064h-a8Pa6eCeabcHE1aQ=/480x/2021/10/15/00121634316304151698983/Foto/LO16C2F2_184342.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/M2aQs-cjE5OVYKfc1hH6YDa4UEo=/480x/2021/10/15/00121634316303869659431/Foto/LO16C2F2_184350.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/UT7PH3jGgvL_NowwXRNbKPhooOI=/480x/2021/10/15/00121634316304991113703/Foto/LO16C2F2_18443.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/kM-v0jux8cD7fLbxX2gNol9EHWM=/480x/2021/10/15/00121634316363988150182/Foto/LO16C2F2_184415.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/WTe_a-sH6SfBOrE3-h51ATjGJ3U=/480x/2021/10/15/00121634316363701395136/Foto/LO16C2F2_184425.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/6YLtvciRyyVT_DU4pho8EAJC12w=/480x/2021/10/15/00121634316364507924418/Foto/LO16C2F2_184443.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/wtkeUyWmSFZswUJpjUgNJX12NhE=/480x/2021/10/15/00121634316425774710813/Foto/LO16C2F2_184456.jpg)
![Acto de lembranza a Paco Pestana na Praza Anxo Fernández Gómez](https://img.lavdg.com/sc/RGqGIQ8DqWMait_QuzS30SY4Nlg=/480x/2021/10/15/00121634316425474562614/Foto/LO16C2F2_18456.jpg)
O Concello de Lugo descubre unha placa e anuncia que prepara unha gran homenaxe
15 oct 2021 . Actualizado a las 18:59 h.O Concello de Lugo homenaxeou na tarde deste venres ao artista Paco Pestana, falecido o pasado luns, dedicándolle un banco na praza Anxo Fernández Gómez, detrás da Casa Consistorial.
A actividade de lembranza foi levada a cabo pola área de Cultura e promovida polos artistas locais Vanessa Díaz e Luciano Pérez, que se achegaron para descubrir a placa que o Concello colocou no banco onde habitualmente se sentaba Paco Pestana, xunto ao artista Otero Regal, que non puido acudir ao acto. Dá a casualidade de que o banco está situado diante da escultura de Ánxel Fole.
O acto de homenaxe municipal contou coa presenza de membros do goberno local e de representantes dos grupos con presenza na corporación. Ademais, achegáronse representantes de distintos colectivos locais relacionados coa Cultura e amigos do artista finado.
A concelleira de Cultura, Maite Ferreiro, anunciou que «desde o Concello de Lugo realizaremos a mellor homenaxe posible a Paco Pestana», para o que, segundo explicou a edil de Cultura «escoitaremos as propostas do tecido cultural local e das persoas achegadas ao artista». Nos últimos días apareceron múltiples propostas a través das redes sociais, apoiadas por artistas, para lembrar a figura de Paco Pestana.
Campaña en Change.org
Precisamente que o banco no se que soía sentar Pestana estivese enfronte da imaxe de Ánxel Fole disparou as propostas de innumerables artistas e creadores lucenses para que se faga unha estatua de Paco Pestana diante da do ilustre escritor.
Tamén un bo grupo de intelectuais lucenses se sumaron a unha campaña na plataforma Change.org para que se dedique unha rúa, unha praza ou un monumento para lembrar a figura de Paco Pestana, un creador nado en Castroverde pero moi vencellado coa cidade de Lugo e, en especial, co Museo Provincial e a Praza da Soedade.
A artista Luz Darriba, gran amiga de Pestana, iniciou en Internet a campaña de recollida de sinaturas a través da plataforma Changer.org, onde se pode ler: «Un artista fundamental para la cultura gallega acaba de morir sorpresivamente. Se le escatimaron en vida muchos reconocimientos. Pedimos que algún espacio publico de su ciudad o provincia lleve su nombre: PACO PESTANA. Solicitamos a las autoridades pertinentes que se ocupen de ello. La cultura es imprescindible, el arte es imprescindible. Sin cultura no hay identidad popular y nada tiene sentido».