A carreira Lugo Monumental celebrará a sua vixésima edición o 17 de decembro

La Voz LUGO

LUGO CIUDAD

Presentación de la carrera popular Lugo Monumental
Presentación de la carrera popular Lugo Monumental cedida

As inscricións estarán abertas ata o día 10 e só poderán inscribirse 1.200 adultos

16 nov 2023 . Actualizado a las 19:44 h.

A carreira popular Lugo Monumental chegará este ano á a súa vixésima edición, que se celebrará o vindeiro 17 de decembro. A cita, impulsada polo Concello de Lugo, terá a categoría de adultos limitada a 1.200 inscritos. Todos os que queiran participar deberán anotarse antes do 10 de decembro na páxina web www.10klugomonumental.com.

O edil de Deportes, Jorge Bustos, avanzou este xoves os detalles da proba. «Contará cunha distancia aproximada de 10 quilómetros, terá tanto a saída como a meta na Avenida de Ramon Ferreiro, coa Praza Horta do Seminario como centro de operacións da organización, como en edicións anteriores. O percorrido seguirá sendo en parte circular ao redor da Muralla, cunha última volta por encima do adarve, mantendo o espírito de todas as edicións anteriores».

 A cita deportiva suporá o pistoletazo de saída ás novas carreiras e eventos populares da tempada. «Dende a Concellería de Deportes xa estamos a traballar na celebración dunha nova edición do Circuito Corre con Nós 2024 e a colaborar coa VI Edicion da Media Maraton de Lugo na primavera deste vindeiro ano», sinalou o concelleiro.

Todos os que participen na carreira Lugo Monumental recibirán unha camiseta conmemorativa, e para as categorías inferiores haberá entrega de medallas ao finalizar as súas carreiras. As inscricións serán totalmente de balde para as categorías menores.

Os horarios de saída por categorías serán:  

    • 11:00 h pitufos (2016-2019) 250 metros.

    • 11:10 h sub10 e sub-12 (2012-2015) 950 metros.

    • 11:20 h sub-14 e sub-16 (2006-2011) 1.900 metros.

    • 11:30 h adultos (2007 e anteriores ) 10.000 metros.