Monterroso celebra as festas de San Cristovo

María Quelle / M G LUGO/ LA VOZ

MONTERROSO

Bendición e desfile de coches en Monterroso
Bendición e desfile de coches en Monterroso Antonio Meilán

Os días 9 e 10 de xullo o concello de Monterroso contará ca presenza de charangas como Os Chafalleiros, Os Jalácticos ou os Falcatrueiros

07 jul 2023 . Actualizado a las 17:45 h.

Monterroso, a capital da comarca de Ulloa ponlle comezo a unha das súas festas patronais o vindeiro domingo. A axenda está cargada de plans divertidos para todas as idades, como é o caso do día 9, onde a partir das 16:00 horas haberá diversión infantil con hinchables e animación na Cúpula. O transcurso das horas cédelle o paso a Charanga Os Chafalleiros (19:30 horas) para aqueles monterrosinos e monterrosinas máis animados. Ao final da noite, as 23:00 horas Machito Dj será o protagonista na Praza Antonio Rojo Losada.

O luns 10 de xullo é un dos días máis esperados, debido a celebración da tradicional bendición e desfile de automóbiles na Igrexa parroquial e a comida campestre na área recreativa de A Peneda a que acuden numerosas familias. Mais isto non é todo, pois as a mañá sairán as rúas os Falcatrueiros (11:00 horas) e a Charanga Os Jalácticos (11:30 horas). E a partir das 17:00 horas comezará a  animación e actuacións da man de Paco Nogueiras e Pepe Piña.