
Un espectáculo teatral e musical abrirá a programación dos Domingos Folclóricos este sábado
01 ago 2017 . Actualizado a las 05:00 h.Portomarín celebra, un ano máis, os Domingos Folclóricos, unha iniciativa cultural e turística que nesta ocasión chega á súa 49 edición. A programación foi presentada onte na Deputación de Lugo polo alcalde de Portomarín, Juan Serrano, e a deputada de Cultura, Pilar García Porto.
Programación
As actividades comezan este mesmo sábado día 5, co espectáculo musical e teatral O Gaiteiro Bucólico, a cargo da Compañía Yázabro. Terá lugar ás 19.00 horas.
A partir desta xornada, as actuacións terán lugar os catro domingos do mes de agosto, na Praza Condes de Fenosa, a partir das 19.00 horas. A programación é a seguinte:
· Domingo 6: Xoán Curiel e o Grupo Folclórico Mistura Lieiro.
· Domingo 13: Os Valuros de Castro de Rei, Asociación Cultural Río Miño e a Agrupación Folclórica O feitizo de Foz. Nesta xornada haberá, ademais, queimada popular.
· Domingo 20: Grupo Lemavos e a Asociación Cultural Río Miño.
· Domingo 27: Asociación Os Deiquí e Airiños de Orbazai.
García Porto explicou que «decidimos achegar un total de 8.000 euros á celebración de varias citas culturais do Concello, como Graffitis no Concello, a presentación do libro Os misterios de Portomarín, así como a esta nova edición dos Domingos Folclóricos. É unha iniciativa de carácter lúdico, coa que dinamizamos turisticamente o Concello, pois é un reclamo para toda a zona. De feito, este é un dos eixos de actuación do primeiro Plan Estratéxico de Turismo, totalmente participativo, que fixemos dende o Goberno da Deputación, para converter Lugo nun destino turístico consolidado no país».