Juan Serrano explica que dimite porque ya cumplió sus objetivos y «dez anos son suficientes»

LA VOZ LUGO

PORTOMARÍN

Juan Serrano, alcalde de Portomarín
Juan Serrano, alcalde de Portomarín cedida

El alcalde del PP publicó en una carta las razones de su salida del Concello

19 oct 2021 . Actualizado a las 19:00 h.

El alcalde dimisionario de Portomarín, Juan Serrano, explicó en una carta publicada este martes los motivos por los que cede el puesto a su segundo, el teniente alcalde Pablo Rivas. Serrano presentó la dimisión el pasado viernes porque, según relata, «creo que cumprín os obxetivos de quen depositou en min a súa confianza». Para el regidor de Portomarín, que lleva al frente del Concello desde el 2011, «sempre entendín este oficio como necesario pero limitado no tempo» y «dez anos son suficientes para quen ten unha vida intensa como é o meu caso», alegó. 

Serrano reflexiona sobre qué es para él la política y su labor y confiesa que «intentei deixar o mellor de min, tanto no partido como no pobo», sobre todo por gestionar una etapa posterior a una crisis económica y sanitaria. Además, quiso agradecer el apoyo a sus compañeros y el trabajo del personal de las administraciones públicas y también mostrar su «total lealtade» a Elena Candia y Alberto Nuñez Feijóo. 

El texto íntegro dice así: 

Dimito como alcalde, pero non do compromiso adquirido cos meus veciños, que me elixiron como concelleiro na lista mais votada, e esa lista era a do Partido Popular. Seguirei con lealtade ó meu pobo, defendendo o interés do mesmo mais aló da afilicación política. Débome os meus orixes, raíces e medio, e as personas que me configuraron así nos tempos que a «tribu educaba». Non din feito a suficiente pedagoxía política para que quen está na oposición entenda que o que acabo de firmar debe ser unha máxima. Somos representantes dun pobo con necesidades dos seus veciños, non dos gobernos supramunicipais donde por circunstancias acadan os partidos poder.

Política é a actividade humana necesaria para a construcción dunha sociedade ordenada e xusta socialmente. Sempre entendín este oficio como necesario pero limitado no tempo; creo que cumprín os obxetivos de quen depositou en min a súa confianza e fixeno pensando nun proxecto común, alleo a intereses persoais. Dez anos son suficientes para quen ten unha vida intensa como é o meu caso; tamen teño a empatía suficiente con quen atopa folgos ou proxectos de servizo público mais alá dos dez anos; a menudo obviamos que os políticos somos persoas e que no día a día hai cousas que eran previsibles no privado ou no público, e outras que aparecen inesperadamente.

Non compartirei nunca a profesionalidade da vida pública, ou que na estructura dos partidos teñan xente que non tivo nin ten mais oficio que o cargo en sí, e digo este porque eles mesmos perden a percepción da calle e das necesidades de quen o rodean e fan das estructuras internas lugares inhóspitos.

Recórdolle á ciudadanía que o xeito para que unha sociedade avance no sentido correcto é sopesar equilibradamente obligacións e dereitos; cando esto non se cumple estamos a faltar a un principio que debe estar sempre presente: traballo, mérito, sacrificio e recompensa. Esta é a liña do sentido común que últimamente tanto se degradou e a base de calquera sociedade de futuro.

Non son quen de opinar sobre o meu legado, pero intentei deixar o mellor de min, tanto no partido como no pobo. Creo con obxetividade que deixo moito mais no haber que no debe, e o fago consciente de que esa era a miña obriga. Xestionar un concello nunha etapa posterior a unha crisis económica e sanitaria sin precedentes, non é doado. De todas maneiras, no que me equivoquei ou faltei, pídolles disculpas.

Quero ter un especial recordo ás persoas que fixeron posible ser alcalde do teu pobo con maioría, non hai maior honor para unha persoa. Espero haber respondido ás suas expectativas. Tamen é certo que teño que agradecer a quen ó longo destes anos me acompañou como cargos electos, a eses compañeiros que sei que non lles foi fácil a convivencia conmigo; gracias pola vosa compañía e apoio.

Quero ter un recordo tamen para os medios de comunicación, así como para as persoas que están ó servizo das estructuras orgánicas do partido, e tamén para os funcionarios e persoal laboral das diferentes administracións públicas polo que me sentín tan ben tratado durante todos estes anos. Esta decisión tomoa con un partido renovado, no que creo como mellor proxecto social posible, ca seguridade de que non lle faltarán ó meu pobo e que servirán ca mesma lealtade e entrega que tiveron conmigo ó que espero que sexa o seu alcalde, Pablo Rivas, como así o farei eu. Pido respeto para todos os que se adican á actividade pública, e digo todos. As veces non somos conscientes das renuncias persoais que se chegan a facer polo ben común.

Por último, quero amosar o meu apoio e a niña total lealtade ás estructuras orgánicas do meu partido, recentemente renovadas no ámbito provincial con Elena Candia López e no rexional especialmente a Alberto Nuñez Feijoo, e a quen estiveron estes anos da niña adicación á alcaldía con responsabilidades no mesmo. Solo me queda decir que foi un honor servir ó Partido Popular e a Portomarín, e seguirá sendo.