Actividade con música, natureza e cultura no rural

RÁBADE

Será este domingo, día 4, en Rábade

30 ene 2018 . Actualizado a las 16:50 h.

Domingo 4 • 18.30 horas • A Casa das Insuas • Rábade • Colaboración: 10 euros (nenos, 5 euros) • 

A Casa das Insuas de Rábade será o escenario este domingo dunha orixinal iniciativa que combina música, natureza e cultura no rural, «Música ao natural nas Insuas». A actividade está organizada polas Escolas Municipais de Música de Rábade, Begonte e Outeiro de Rei, a Casa das Insuas e a Asociación Galega de Custodia do Territorio.

O concerto correrá a cargo de Zopli2, un punto de encontro entre a frautista e bailarina Clara Gallardo e o multiinstrumentista Joaquín Sánchez. Trátase dunha viaxe musical a través de mundos sonoros desde Brasil ata o Mediterráneo.

A organización anima aos asistentes a levar algo de comer e de beber para compartilo nunha cea distendida cos músicos tralo concerto.