
Participaron 15 persoas na actividade
25 sep 2021 . Actualizado a las 19:25 h.Os ferreiros de Riotorto protagonizaron onte o último roteiro do programa «Lugo é artesanía», promovido desde o Centrad da Vicepresidencia da Deputación para promocionar os obradoiros e produtos artesáns das distintas comarcas. Os participantes visitaron o conxunto etnográfico do Mazo da Fraga, en Ferreiravella, e a forxa de Agustín Iglesias, no lugar do Mazo, onde puideron seguir unha demostración da transformación e modelado tradicional do ferro, seguindo a Ruta do Ferro.
No roteiro participaron quince persoas, as prazas dispoñibles para a actividade, procedentes de distintos puntos de Galicia (Castroverde, Outeiro de Rei, A Fonsagrada, A Estrada e Ferrol) e tamén de Madrid e mesmo Suráfrica.