23 abr 2024
A pérdida do tradicional oficio de ferreiro: «A xente prefire traballos máis cómodos, cun bo horario e unha boa xubilación»
A Agustín Iglesias, de Riotorto, o oficio venlle por tradición familiar. Aprendeu de seu pai e leva máis de 30 anos traballando na forxa que fai tanto tempo adquiriu seu avó, cando aínda se traballaba nos mazos comunitarios movidos pola forza da auga