Os comercios de Sarria sortean ceas románticas

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

Cartel da campaña do comercio de Sarria
Cartel da campaña do comercio de Sarria

Comeza a campaña especial de San Valentín

01 feb 2022 . Actualizado a las 12:23 h.

Ata o día 14 • Sarria • 

A Asociación de Comerciantes, Empresarios, Profesionais e Autónomos de Sarria (ACES)- CCU pon en marcha a campaña de promoción do comercio local «Celebremos o Amor». Todos os clientes dos establecementos asociados da vila que realicen algunha compra no período da promoción, poderán gañar unha cea romántica para dúas persoas. Sortéanse catro ceas en establecementos de hostalaría asociados (Cafetería El Parisien, Hotel Alfonso IX, Restaurante O´Descanso e Restaurante Roma).

Os gañadores terán un amplo prazo para escoller o día no que gozar do premio, debido ás condicións especiais pola crise sanitaria. O sorteo terá lugar o día 17 ás 18.00 horas.