Sarria celebra esta fin de semana a feira de San Isidro

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

Feira de San Isidro en Sarria, no 2019
Feira de San Isidro en Sarria, no 2019 Óscar Cela

Terá lugar a tradicional mostra agrogandeira con artesanía, gando, mercado e exposicións

26 may 2022 . Actualizado a las 11:50 h.

Sábado e domingo • Campo da Feira • Sarria • Todo o día • 

Sarria celebra esta fin de semana a tradicional XXXII Mostra Agro Gandeira de San Isidro Labrador, con exposición de maquinaria, artesanía, mercado de produtos agroalimentarios, exposición de novillas, poxa, desfile... A programación é a seguinte:

Sábado 28

· 9.00h. Apertura do recinto feiral. Contarase con exposición de maquinaria agrícola e gandeira (T. Armesto, M. Ramón, AgroLugo, T. Meilán, T. Carballo, Rosber, Corbar, Arias Motor, T. Díaz y Torrón e Ferretería Sarria); carpa-exposición de produtos agroalimentarios e artesanais; exposición de bonsáis da Asociación El Serbal; demostración de cerámica de Manuel Fernández Lolo; e exposición de novillas frisonas, cabalos de pura raza galega e diferentes especies gandeiras na nave do mercado gandeiro.

· 12.00h. Poxa de gando frisón de vinte novillas de Africor.

· Comida nas pulperías do Campo da Feira.

· 17.00h. Exhibición de exercicios de doma de alta escola, cabalos de pura raza galega, a cargo da Asociación de Pura Raza Galega, Feader.

Domingo 29

· 8.00h. Apertura do recinto feiral.

· Feira do ano para a venda e compra de gando.

· 12.00h. Desfile de gando no Camiño de Santiago (da rúa Maior ao Campo da Feira).

· 13.00 e 18.30h. Exhibición de cetrería con Falcóns Galicia.

· 18.00h. Sorteo da xuvenca de raza Rubia Galega «Isidra», de 23 meses e preñada de oito.