Un festival encherá de maxia o rural de Sarria

Laura López LUGO / LA VOZ

SARRIA

Roberto Lolo coordina, produce e actúa no Encontro Máxico no Rural
Roberto Lolo coordina, produce e actúa no Encontro Máxico no Rural CEDIDA

Cinco magos actuarán esta fin de semana en distintas parroquias

16 may 2024 . Actualizado a las 13:25 h.

Días 18 e 19 • Parroquias de Sarria • 

O Concello de Sarria, coa coordinación e produción de Roberto Lolo, organiza para esta fin de semana o I Encontro Máxico no Rural, un festival que encherá de maxia diferentes parroquias do municipio e que contará coa actuación de cinco magos.

O sábado 18 haberá actuacións de maxia ás 12.00 na escola de San Pedro de Froián, con Samuel Moreno e MagAldara; ás 17.00, na escola de Louseiro, con MagAldara e Roberto Lolo; e ás 20.00, na escola de Vilamaior, con Roberto Lolo e Samuel Moreno.

En canto ao domingo 19, haberá maxia ás 12.00 na escola de Corvelle, da man de Samuel Moreno e o Mago Iago; ás 17.00, na escola de Vilapedre, con Román García e o Mago Iago; e ás 20.00, na escola de Oural, con Román García e Roberto Lolo.