
A X Tasca do Liño terá lugar na parroquia de Insua o día 27
16 oct 2018 . Actualizado a las 09:44 h.Sábado 27 • Insua (Vilalba) •
A X Tasca do Liño celebrarase en Insua o día 27. Trátase dunha festa para recuperar o cultivo tradicional do liño. Ao longo de todo o día haberá postos de artesáns e artesanía en vivo (cantería, cestaría, zocas, madeira...), demostración de fiado (Cabanas Rural e Bolboreta Fiandeira) e a exposición fotográfica Insua e o liño. O programa é o seguinte:
· 11.00h. Apertura
· 11.15h. Pregón. Mero Iglesias
· 11.45h. Mesa redonda «X anos de experiencias arredor do liño», con Lourdes Otero, presidenta da Asociación Mulleres de Insua; Mario Outeiro, docente e activista cultural, e socias da Asociación de Mulleres Rurais de Insua. Modera o alcalde de Vilalba, Agustín Baamonde
· 12.45h. Premios do Certame de Debuxo Infantil
· 13.00h. Demostración da Tasca do Liño
· 13.15h. Actúa Tino Baz
· 14.30h. Xantar popular (Rochela. 696 618 454)
· 16.30h. Actuación do grupo tradicional Mondrum
· 17.45h. Actuación do grupo tradicional Os Minhotos
· 18.45h. Tasca do Liño
· 19.30h. Monólogo de David Perdomo
· 20.30h. Conxuro da Queimada, con Manuel Ferreiro