
A obra premiada foi «Cartas de Conxo - O legado dás Távora»
28 ago 2023 . Actualizado a las 21:09 h.O tradicional certame literario organizado polo Concello de Vilalba xa ten un gañador. O elixido para levarse o premio na corenta e nove edición é Xurxo Alonso, un licenciado en Bioloxía, pintor e poeta nado en Buenos Aires (Arxentina); escollido pola súa obra Cartas de Conxo - O legado dás Távora.
O xurado formárono Darío Villanueva, membro da Real Academia Española (RAE), Ramón Villares, catedrático de Historia, Xulio Xis, xornalista; e Fidel Fernán, director do grupo de Radio Principal.
Xurxo Alonso é autor de nove libros e recibiu, entre outros, os seguintes premios: Avelina Valladares; Johán Carballeira; Francisco Añón; Bouza-Brey; Concello de Carral; CIdade de Ourense; Díaz Castro; Torre de Caldaloba e Lueiro Rey. Como pintor realizou más de sesenta exposicións individuais e recibiu numerosos premios.