Falece Manuel Regueiro, exdirector de Política Lingüística da Xunta

OBITUARIOS

OSCAR CELA

Ocupou varios cargos vinculados á educación e a promoción do galego e foi profesor en instituto de Lugo e Vilalba

31 may 2019 . Actualizado a las 09:48 h.

Faleceu aos 76 anos Manuel Regueiro Tenreiro, durante anos unha das referencias en Galicia nos estudos e difusión do galego, como foron os seus cargos institucionais ao fronte de Política Lingüística da Xunta entre 1989 e o ano 2000 e logo como director do Centro de Estudos Ramón Piñeiro.

Regueiro naceu na localidade de Perbes, en Miño, en 1943. Estudou o ensino secundario en Santiago de Compostela. Licenciado en Filosofía e Letras na Universidade de Salamanca, doutorouse en Filosofía na Universidade Complutense de Madrid. Foi profesor en Soria, Salamanca, Lugo (Xoán Montes), Ferrol, Vilalba (onde foi director do instituto) e de novo en Lugo, no instituto Ánxel Fole. Foi subdirector xeral de Inspección e Reforma Educativa (1988-1989) e director xeral de Política Lingüística (1989-2000), ademais dun dos impulsores do Museo Pedagóxico de Galicia.

LOMBARDERO

Colaborou na publicación dos primeiros libros de texto en lingua galega: Introducción á Filosofía (Galaxia, 1979) e Historia da Filosofía (Galaxia, 1980). Foi fundador e membro do consello asesor da Revista Galega de Ensino.

 Unha das últimas aparicións públicas de Regueiro Tenreiro foron na homenaxe que se lle dedicou a Antonio Fraguas no instituto Lucus Augusti de Lugo. Cunha saúde deteriorada, quixo acompañar aos exalumnos da persoa á que se lle dedica este ano o Día das Letras Galegas