Algúns síntomas

| X. L. FRANCO GRANDE |

OPINIÓN

06 dic 2002 . Actualizado a las 06:00 h.

QUE O PRESIDENTE do Goberno califique como «dolor alleo» o das víctimas desta catástrofe humana e ecolóxica, é triste indicador do seu estilo e do pouco que sintoniza co problema. A dor será de todos, do país enteiro e da humanidade toda -como proban os voluntarios que chegan, ás veces de ben lonxe, para axudar e botar unha man e paliar a incompetencia dos gobernantes. Como Felipe II, culpa ós elementos de non poder avanzar nos traballos de limpeza e de eliminación do fuel. Pero non dixo que non é español ningún dos sete barcos que tratan de limpa-lo mar; nin que aínda hoxe teñamos que recorrer á información do Instituto Hidrolóxico portugués; nin que se prohibe fotografia-las manchas, entre outras cousas. Por outra banda, moitos diarios de Madrid aínda titulan coa catástrofe ecológica en Galicia , descoñecendo a prioridade do drama humano que temos diante e o que se nos vén enriba. Síntomas, entre outros, do desamparo e desleixo total que padecemos.