Outros rumbos

X. L FRANCO GRANDE

OPINIÓN

05 abr 2003 . Actualizado a las 07:00 h.

AS ÚLTIMAS sondaxes dinnos que Aznar baixa en estima e que á par Pujol ascende. Paréceme que son sinais de dúas realidades: que a xente vai vendo que non era verdade o suposto centrismo que se empregou como engado, mentres que si o era o que Pujol practicaba. Pode que aínda nos quede unha certa capacidade de reflexión e non esquezamos que, nos tempos en que o apoio de Pujol foi indispensable, a gobernabilidade deste país foi un feito, sen necesidade de enfrontamentos nin de malas maneiras. Podemos estar certos de que el non tería consentido a actitude guerreira do Sr. Aznar. O resultado desas sondaxes proba que o pobo aínda ten unha certa memoria histórica; que a experiencia das maiorías absolutas, coa dereita e coa esquerda, foi unha desfeita para o país; que unha maneira civilizada de facer política, como cando se contou co consenso nacionalista, foi moi boa para os intereses xerais, e que mellor será ir tomando boa nota de todo isto para un porvir que temos á porta.