INDIGNACIÓN NO ISLAM POLAS CARICATURAS ESCANDINAVAS DE MAHOMA
02 feb 2006 . Actualizado a las 06:00 h.Información en la página24 A CARICATURA e o humorismo naceron, respectivamente, en Italia e España a comezos do século XVII, como manifestacións das arelas de liberdade dos humanistas sometidos ao fanatismo relixioso, imposto pola Contrarreforma. No mundo musulmán, onde o individualismo é prácticamente inexistente, nunca poderían darse estas creacións. Pero non nos enganemos, tamén entre nós a risa é sospeitosa de subversión, sobre todo cando toca a relixión. Lembremos o berro irado que media España lanzou cando Maragall fotografou a Carod-Rovira en Xerusalén cunha das coroas que se venden para turistas. Para non ferir sensibilidades, en Occidente abonda con respectar os dogmas e facer as imaxes con bo gosto. Na cultura musulmana non o ven así, e perden, entre outras cousas, páxinas tan divertidas como a do Dios mío, de El Jueves.