A separación de dous famosos

Marina Mayoral
Marina Mayoral PÁXINAS SOLTAS

OPINIÓN

JuanJo Martín

04 ene 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A ruptura tras oito anos de relación, da parella formada por Vargas Llosa e Isabel Preysler espertou o interese dun amplo sector de público. A curiosidade é patrimonio da especie humana e as redes e algunhas publicacións ofrecen estes días material para saciala. Preysler utilizou a revista ¡Hola! para dar a noticia e tamén de forma velada a súa versión: son os celos infundados do escritor o que a levou a anunciar a separación definitiva.

Outras fontes dan como causa que Vargas Llosa se negou reiteradamente a casar.

Vargas Llosa non fala, pero escribe. E resulta que a finais do 2020, publicou na revista Letras Libres, un conto titulado Los vientos, un monólogo dun home centenario, que sofre alzhéimer e que ventosea sen parar, e paséase ao longo dun día, por un Madrid no que se pechou a Biblioteca Nacional, e as pantallas e os hologramas substituíron ao papel. No conto están as ideas de Vargas Llosa: a súa crítica da cultura do espectáculo, a visión da sociedade actual como «un mundo de esclavos contentos y sometidos», a súa burla feroz da arte virtual. En dúas ocasións o personaxe refírese con detalle a un suceso do que se arrepinte e que non esqueceu: «Una cosa hice mal en la vida: abandonar a Carmencita por una mujer que no valía la pena (…) Ya me olvidé del nombre de aquella mujer (…) Nunca la quise. Fue un enamoramiento violento y pasajero, una de esas locuras que revientan una vida. (…) Por hacer lo que hice, mi vida se reventó y ya nunca más fui feliz (…) Fue un enamoramiento de la pichula, no del corazón».

O conto é larguísimo, reiterativo, escatolóxico e pesado. A min sóame a que nel está a versión do escritor sobre a ruptura. É só unha opinión.