Premios Nobel 2023

Jorge Mira Pérez
Jorge Mira O MIRADOIRO DA CIENCIA

OPINIÓN

Drew Weissman y Katalin Karikó, pioneros del RNA mensajero
Drew Weissman y Katalin Karikó, pioneros del RNA mensajero -

08 oct 2023 . Actualizado a las 05:00 h.

A falta do anuncio do Nobel de Economía que se fará mañá, os galardóns anunciados ao longo desta semana nas disciplinas científicas (medicina, física e química) encaixaron coas quinielas que se viñan facendo. É boa cousa, porque fai patente que a ciencia ten un consenso bastante establecido á hora de identificar as súas principais elites. Así, o Nobel de Medicina a Karikó e Weissman era previsible: grazas a eles tivemos as vacinas de ARN mensaxeiro que salvaron miles de vidas na praga do covid. A obtención dese tipo de vacinas estaba na mente de moita xente, pero a idea fracasaba porque as moléculas que se conseguían de ARN mensaxeiro eran inestables e, por riba, creaban reaccións inflamatorias. Karikó e Weissman modificaron parte da arquitectura desas moléculas para eliminar a súa fraxilidade á hora de transportalas ás células e, de paso, reduciron os efectos inflamatorios secundarios. O Nobel de Física tamén era esperado: grazas a Agostini, Krausz e L’Huillier disponse de pulsos de luz dunha duración extraordinariamente curta (1 trillonésima de segundo), que permiten estudar os movementos dos electróns como nunca se soñara. Tanto Karikó e Weissman como Krausz e L’Huillier viñan de recibir este mesmo ano o premio español Fronteras del Conocimiento, que se está a consolidar cada vez máis como un dos principais preditores do Nobel. Canto ao de química, aos creadores dos puntos cuánticos que xa temos nas pantallas dos nosos televisores, prémiase un traballo de hai máis de 30 anos.