«Le preocupa más retomar la ley de amnistía que el resultado electoral en Galicia»

OPINIÓN

Alejandro Martínez Vélez | EUROPAPRESS

21 feb 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

Sánchez, cada vez más solo

Tras el batacazo sufrido por el PSOE en las pasadas elecciones gallegas, Sánchez está más solo que nunca, porque, así como ocurrió en otras comunidades, la pérdida de confianza de sus militantes es evidente, lo que demuestra que este partido se encuentra en caída libre. Algo que sin duda ha sido provocado por el hecho de que su presidente está más pendiente de los pactos y componendas con sus socios de gobierno (Bildu y Junts) que de la estabilidad de su partido. Hasta el punto de que le preocupa más retomar las negociaciones de la ley de amnistía con Puigdemont que las consecuencias del desastroso resultado electoral en Galicia. Adolfo Costas Gascón. Pontevedra.

Galicia Rueda

A realidade sociolóxica de Galicia é a dunha sociedade coherente, prudente e garante da estabilidade; que se traduce no apoio incondicional ao Partido Popular de Galicia. Unha formación hexemónica que aglutina todas as sensibilidades do galeguismo moderado, afastado dos postulados nacionalistas e anticapitalistas do BNG. As eleccións enaltecen a gran vitoria de Rueda, cun proxecto en clave autonómica con proxeccións estatais; namentres o PSdG estase a converter nun partido cainita de guerras de bloques e purgas internas, que personifica o cadro Saturno devorando ao seu fillo de Goya. Porén, Ana Pontón é a alternativa na oposición, con Podemos extinto e Sumar en vías da irrelevancia; ademais, o soberanismo intenta mostrar un rostro amable, aínda que as roupaxes son as mesmas. Por conseguinte, a cidadanía elixiu democraticamente unha Galicia que funcione, e de aí que, cando espertamos, o dinosauro do PPdeG aínda estaba alí a pesar dos augurios catastrofistas da progresía e a esquerda woke. Xián Antón Lorenzo Rodríguez. Ribadavia.

Sentidiño

Das recentes eleccións autonómicas en Galicia pódense extrapolar moitos e moi diversos análises dos resultados. Pero hai un que sobresae. Nun país no que ten un enorme peso a dispersión xeográfica e a idade dos seus moradores, Vox non ten practicamente ningún tipo de apoios. Mentres na meirande parte dos países occidentais máis desenvolvidos as ideas da extrema dereita están a vivir unha época tan dourada coma perigosa, a Galicia rural e a Galicia cosmopolita seguen a ningunear esas ideas. Dende un punto de vista de equilibrio entre as opcións nacionalistas e autonomistas, Galicia da exemplo de sentidiño ao país. Manolo Romasanta Touza. Sigüeiro.

O pobo é quen decide

En Galicia votamos para decidir. Para iso votamos. E para iso están as eleccións. Para decidir e para elixir. E como o pobo é sabio, decide á súa maneira. Á nosa maneira. Á de ninguén máis. O cal non nos fai diferentes. Nin raros. Votamos. Como votan noutros lugares. E punto. Despois podemos debullar como somos e como nos ven ou din que nos ven. O cal é un dicir que non nos abre porta ningunha. Debido a que talvez tampouco haxa porta que abrir. Aínda que as portas semellen pechadas dende tempos pretéritos e aínda que o aire non se renove dende incluso tempos aínda máis pretéritos. Agora ben, o pobo é sabio. E ademais é quen decide. E o pobo tomou unha decisión. Decidiu. E a decisión aí está. Mágoa que a sabedoría do pobo non fora a de votar con b. Manuel I. Nanín. O Carballiño.

¿Qué pasa con estos bipartitos?

¿Qué le pasa a la llamada izquierda? La historia habla. En 1987, tras una moción de censura, el PSdeG llega al poder, un tripartito, con el profesor Laxe. Solo está dos años, luego llega el PP, que está 18 años. Más tarde llega Touriño —como el anterior, profesor de Economía—, cumple su mandato de cuatro años y vuelve el PP, garantizando, tras la victoria del domingo, otros 19 años en la Xunta.

La pregunta que debemos plantearnos es qué pasa con estos bipartitos, que tocan poder y quedan dos décadas en la oposición. Qué hacen, o no hacen, para que el rechazo social sea tan grande. Esta es la realidad, alguien debería estudiar este caso, psicoanalizar, para entender por qué el rechazo social es tan alarmante. Tocan el poder y hasta dos décadas después no logran salir a flote. Manuel Domínguez.