A clase media

María Canosa
María Canosa PINGAS DE CRISTAL

OPINIÓN

Oscar Vázquez

05 jul 2024 . Actualizado a las 05:00 h.

O calendario xa anunciou o verán e, en vista da climatoloxía, a unha ocórreselle buscar o sol por aí adiante. As ilusións endurecen a cara cando comezamos a facer contas do que vai custar a viaxe, a estancia, comer fóra... Non sei como facían meus pais, e tantas familias, que cada verán eran capaces de organizar varios días por aí adiante. Éntrame a dúbida de se perderiamos a consideración de clase media nalgún momento.

Así que me puxen a buscar que define realmente este termo.

Segundo a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económico (OCDE), a clase media está formada por aquelas persoas que cobran ao mes entre 1.400 e 3.600 euros. Tendo en conta esta definición, entendo que, de maneira estable. Esta primeira afirmación xa sorprende, pois é sabido a diferenza de vida que se pode levar segundo nos toque a un ou outro extremo do intervalo marcado.

Canta xente, realmente, está nesta situación? As enquisas din que o 60 % da poboación cre pertencer á clase media.

Pero o certo é que máis dun 20 % dese número cobrarían por debaixo do estipulado para pertencer a ela. Coa suba nos alimentos, electricidade... resulta ben difícil enfrontarse ao día a día. Daquela, por que esa porcentaxe tan elevada de autopercepción como clase media? Porque queremos ser aceptados e non excluídos. Tamén é certo que só o 0,5 % da poboación se considera clase alta, por máis que os soldos superiores aos 3.600 euros que os situarían nela supoñen unha cantidade maior. Pero tampouco interesa saírse por arriba.

De todo isto resalto unha conclusión: queremos ser clase media. Pero queremos selo de verdade.