«La playa con el mayor banco natural marisquero de Galicia está contaminada por bacterias humanas»
OPINIÓN
Noia, ¡por fin un premio!
Se nos otorga un premio de praias sen fume, lo cual es de agradecer, pero debiera ser realmente «praia sen fume, sen bañistas e sen marisco», producto todo ello de la falta de esfuerzo del Concello y de la Cofradía de Noia, que admiten sin pudor que la playa con el mayor banco natural marisquero de Galicia esté contaminada por bacterias humanas, presente un fondo de ría lleno de basura y un descuido total en todo su entorno. ¿El premio sirve para algo? Xoán do Couto.
(Re)habitar o rural
Vivo nunha pequena aldea da provincia de Ourense. Nunha de tantas. Non chegamos aos 30 veciños. Levo nela toda unha vida da miña vida vivida de medio século, agás algún curto espazo de tempo que por motivos laborais tiven que pasar fóra. A aldea foise deshabitando e dun tempo para aquí semella como que comeza a habitarse. Nesta nova idea de volver ao rural. Mais, como aldeano de sempre, un percibe que os novos aldeanos traen e veñen cos costumes da urbe. Habitan as casas como habitan calquera piso. Entran e saen o mesmo que en calquera edificio. Cada quen pensa no seu e cada quen nin sabe quen é o veciño ou a veciña da porta do lado. O que me leva a interpretar que talvez o novo renacer do rural, se chega, o faga dentro das maneiras de socializar que se empregan nas cidades. Polo que un ten a sensación de que aquilo que era, aquilo que foi, aquelas formas de ser e de estar propias do rural xa non terán opción nin de asomarse aos novos aconteceres. Manuel I. Nanín. O Carballiño.