A miña intención con «Sirât»

Oliver Laxe
Oliver Laxe CINEASTA

OPINIÓN

Sergi López y Bruno Núñez encarnan al padre y al hijo de «Sirat» de viaje por el sur de Marruecos tras su hija y hermana desaparecida.
Sergi López y Bruno Núñez encarnan al padre y al hijo de «Sirat» de viaje por el sur de Marruecos tras su hija y hermana desaparecida. Movistar +

13 jul 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Preguntáronlle ao poeta arxentino Mariano Peyrou que lles diría aos que se queixan de que un poema non se entende ou resulta indescifrable, e el contestou cunha pregunta: «Enténdense os soños? Os soños son cousas que todos sufrimos e desfrutamos; a maioría de nós contentámonos con que os soños existan, mesmo que sexan algo que non podemos entender racionalmente. Enténdese o sexo? Que é entender o sexo? Ou o amor... Enténdese o amor? Estas son experiencias que ninguén aspira a comprender racionalmente, simplemente desfrútalas ou enténdelas a través da sensación».

Como moitos sabedes, non me gusta explicar moito as miñas películas, xa que é mal costume intentar entender as obras unicamente coa cabeza. Mais si son de falar das miñas intencións. E cando ultimamente me preguntan polas miñas intencións para facer Sirât, respondo lembrando como nalgunhas culturas a xente leva na cabeza un turbante, un longo tecido que é a mortalla coa cal serán envoltos cando falezan e sexan posteriormente enterrados. Esas culturas aínda gardan ese meditar a morte, eses rituais tan necesarios que aquí acabaron sendo case sempre reducidos a puro folclore. Contesto que a miña intención facendo Sirât foi esa, poñerme ese turbante da morte na cabeza e invitar o espectador ao mesmo xesto. Por que? Porque precisamente a través disto, a través de confrontarse tódolos días a esa angustia da morte, a persoa quítase as angustias. Aprende a ser «un cero», a morrer con dignidade, sen rabechas nin pataleos.

Ide ver Sirât aos cinemas. Réndanse! Déixense envolver nela coma nunha mortalla. Sirât dá quitando. Por certo, acabamos de superar os 300.000 espectadores. Moitas grazas!