Como cidadán comprometido coa defensa da sanidade pública, xa non podo calar ante o deterioro alarmante que estamos a sufrir nos hospitais, PAC e centros de saúde. A situación deixou de ser unha simple falta de recursos: é unha degradación evidente dun dos piares fundamentais do noso Estado de benestar. É inaceptable que no século XXI sigan existindo gardas de 24 horas que esgotan aos profesionais ata límites imposibles. Non se pode ofrecer unha atención sanitaria digna cando os médicos traballan en condicións que rozan a extenuación. As folgas e mobilizacións que vemos non son caprichos: son un berro desesperado dun colectivo maltratado durante anos. Mentres tanto, a atención primaria agoniza. Os PAC desatendidos en momentos claves, consultas saturadas, falta de pediatras e familias obrigadas a percorrer quilómetros para unha asistencia básica. Este abandono non é casual: é froito dunha política de parches que leva anos baleirando a sanidade pública e empurrándonos, cada vez máis, cara ás urxencias hospitalarias ou á privada. As reformas anunciadas tampouco ofrecen garantías. Substituír profesionais experimentados por médicos en formación mal supervisados ou por contratacións aceleradas é pan para hoxe e fame para mañá. A improvisación non pode ser a base dun servizo esencial como a saúde. A cidadanía galega —e a española— merecemos unha sanidade pública forte, con profesionais respectados e condicións laborais dignas. Non queremos discursos nin campañas, queremos feitos: máis investimento real, máis persoal, máis atención presencial e menos parche sobre parche. Agradezo o espazo e reivindico, como tantos outros, unha sanidade á altura do que este país merece. J. Pablo Ventoso. Portosín.
Sánchez, el último ocupante del Peugeot
Que en el famoso Peugeot, para hacer propaganda y así conseguir los avales suficientes en la pasada compaña electoral a las primarias del PSOE, viajaban junto al presidente del gobierno Santos Cerdán, Ábalos y Koldo, está más que confirmado. Ahora, con sus tres acompañantes de viaje en prisión preventiva o en libertad provisional, solo queda demostrar por parte de los tribunales las responsabilidades en las que Pedro Sánchez, como cuarto ocupante del Peugeot, haya podido incurrir en la trama de corrupción que les afecta. Algo que tarde o temprano se producirá porque aunque todavía no se ha demostrado su grado de culpabilidad, por la entidad de los cargos que los cuatro ocuparon tanto en el gobierno como en el PSOE, la relación entre ellos fue estrecha y permanente, y no solo durante aquel viaje preelectoral, sino después y de forma continuada durante las dos legislaturas sanchistas. Por lo que, es evidente que el presidente Sánchez tenía conocimiento de las tropelías de las que en su día lo apoyaron en la campaña electoral para alcanzar la presidencia del partido. Y así las cosas, la Justicia pondrá a cada uno en su sitio y, con ello, llegará el día en que esa entrada en prisión del cuarto de los ocupantes del Peugeot sin duda se producirá. Adolfo Costas Gascón. Pontevedra.