Neno de catro anos maltatado e violado

Marina Mayoral
Marina Mayoral PAXINAS SOLTAS

OPINIÓN

Carlos Barba | EFE

09 dic 2025 . Actualizado a las 05:00 h.

Seguro que o oiron ou o leron na prensa . A min non se me vai da cabeza. Alguns canals de TVE parecen ter unha complacencia morbosa en repetir os detalles mais horribles das malas noticias: o cadáver dun neno de catro anos foi achado o mércores pasado na costa de Garrucha (Almería).

Segundo a autopsia realizada no Instituto de Medicina Legal (IML) de Almería, presentaba signos de violencia física e sexual, e confirmouse por distintas fontes que estas agresións foron previas á consumación do crime. A súa nai, de 21 anos, embarazada de cinco meses, e a parella desta foron arrestados.

Todo é sinistro neste caso. Dá a impresión de que moita xente sabía que o pequeno estaba a sufrir malos tratos, pero non fixeron nada para evitalo. O individuo que convivía coa nai tiña unha orde de afastamento, tanto do neno como da nai, por malos tratos. O avó sae agora nos medios chorando e dicindo que a nai quería moito ao neno e que todo é culpa do home, que a obrigou a abandonar ao seu fillo. Tamén se di que o neno acudía ao colexio con hematomas visibles e nunha ocasión cun brazo fracturado o encabestrado, sin que o centro educativo activase os protocolos de maltrato infantil ou de absentismo. Algúns veciños falan agora coa prensa para contar que oían prantos e ruído de golpes. ¿Por que non o denunciaron entón? ¿Por que non se cumpriron as ordes de afastamento? ¿Por que o colexio non fixo nada?

A imaxe que non podo borrar da miña cabeza é a dunha criatura indefensa, aterrorizada, que é repetidamente golpeada e violada por un sádico. E pregúntome cal é miña parte de culpa, que debía facer e non fixen para que isto non sucedese, para que non volva a suceder. Todos somos culpables, todos miramos cara a outro lado ou nos poñemos auriculares para oír música e non oír o pranto dun neno maltratado.

Chamábase Lucas... Tiña catro anos cando, por fín, deixou de sofrir.