Novo éxito do teatro galego

SUSANA PÉREZ O CARBALLIÑO

OURENSE

SANTI M. AMIL

A compañía de Roberto Vidal Bolaño presenta hoxe en O Carballiño «Criaturas» O público de O Carballiño apoiou coa súa presencia, por segunda vez, o Festival de Teatro Galego. O auditorio da vila quedouse de novo pequeno para acoller a representación de Ollomoltranvía, ó igual que acontecerá con Sarabela Teatro e O lapis do carpinteiro. Ñikiñaque colleitou éxitos entre os máis pequenos e tamén os maiores.

07 sep 2000 . Actualizado a las 07:00 h.

A participación do público está a ser unha nota dominante nesta decimoquinta edición do Festival de Teatro Galego, organizado pola asociación cultural Orballo. Na xornada de hoxe será a compañía Teatro do Aquí quen se encarge de enche-los escenarios carballiñes. O actor, director e autor teatral, quen presentou onte Sen ir máis lonxe, regresa hoxe os escenarios da vila con Criaturas. Os espectadores que se acheguen ó Multifuncional poderán disfrutar dunha obra na que se pon ó descuberto «o que a razón ou a civilización podía ter producido de monstruoso en nós, ou nos que nos rodean. Nesas personaxes anónimas, cotiás coas que nos cruzamos cada día no paso de peóns, á volta da esquina ou na cola do súper». Tra-las representacións de Bolaño o colectivo cultural Orballo afronta xa a recta final da decimoquinta con dous éxitos de público en carteleira. O sábado, 9 de setembro, a compañía de Ernesto Chao, Mabel Rivera e Rosa Álvarez presentará Compañía. O domingo, Celso Parada pechará o festival coa representación Morte accidental dun anarquista.