Alumnos de Belas Artes de Pontevedra convirten en estudio o Couto Mixto

REDACCIÓN OURENSE

OURENSE

27 abr 2002 . Actualizado a las 07:00 h.

A Asociación de Amigos do Couto Mixto desenvolveu onte unha nova iniciativa a prol deste espacio que se tenta recuperar como territorio singular. Un grupo de preto de 70 alumnos da Facultade de Belas Artes de Pontevedra participaron neste proxecto promovido pola asociación e coordenado por Antón Pulido -proxecto que foi patrocinado pola Deputación de Ourense-. Os alumnos, que foron escollidos entre os mellores de cada grupo da facultade pontevedresa, tomaron onte as súas notas, bocetos e imaxes e a partir destas farán as súas obras -coa tendencia e técnica que prefiran-. Cos traballos farase unha exposición que se poderá ver no Couto Mixto, en Ourense e en Pontevedra. Pulido sinalou que a iniciativa «pretende potenciar o ideal do Couto Mixto e a súa importancia para valorar cales foron os dereitos e privilexios do seus habitantes». O colectivo Trasluz, formado por algúns dos estudiantes, salientou a experiencia polo achegamento ó medio.