CANDIDATO DO PSOE EN SAN XOAN DE RÍO
16 may 2007 . Actualizado a las 07:00 h.Chámome Darío Álvarez Gómez. Teño 45 anos, estou casado e teño dous fillos. Vivín e estudei toda a vida na comarca. Fixen Formación Profesional e traballo como director da oficina de Caixa Galicia de A Pobra de Trives, aínda que tamén levo a oficina de San Xoán de Río. Nesta empresa entrei con pouco máis de vinte anos. A miña experiencia política comezou hai catro anos, cando me presentei como independente e acabei chegando á alcaldía. Desde entón dedico tódalas tardes a traballar no Concello. ?reséntome de novo porque creo que quedan moitas cousas por facer no municipio. O fago agora polo PSOE porque creo que co seu respaldo podemos conseguir sacar adiante moitos proxectos. Queremos rendabilizar e explotar os recursos da Fraga de Río, para o que temos moito apoio das consellerías de Medio Rural e de Medio Ambiente. Outro punto é o turismo, cos albergue de Os Biocos e Os Biocos propiamente ditos. Tamén trataremos de incentivar a gandería. O noso é un municipio moi despoboado e avellentado polo que será unha prioridade para min frear esa tendencia atraendo a xente para que o pobo non morra. Para acadar este obxectivo debemos centra na explotación dos nosos recursos naturais e turísticos. Conto agora co apoio do partido co que estou seguro de que chegaran moitas máis cousas ó pobo.