«O que importa é o PP galego, non a representación territorial»

Antonio Nespereira

OURENSE

Feijoo acaba de situalo na primeira liña do partido. Di que repartir o poder en cuotas provinciais forma parte do pasado

12 may 2009 . Actualizado a las 02:00 h.

Antonio Rodríguez Miranda ven de ser nomeado portavoz do PP galego. O deputado ourensán xa é viceportavoz do grupo popular na Cámara Galega e agora, por mandato de Alberto Núñez Feijoo, será a voz do PP «diante da sociedade».

-¿Que cometidos específicos se lle supoñen ao portavoz do partido?

-Ser o portavoz significa posicionarse en nome do partido sobre os asuntos da actualidade e manifestar a posición do partido diante das ideas e propostas que xurdan no día a día.

-¿Cando soubo vostede que ía selo portavoz?

-Durante estes días tense demostrado que o noso presidente é moi sosegado á hora de tomar as decisións. Acostuma a escoitar a moita xente antes de tomar as decisións. Pois ben, despois dise proceso decidiu comunicalo o sábado pola mañán. Ata ese momento eu non tiña nin a máis remota idea. Eu como viceportavoz no Parlamento xa estaba máis que satisfeito.

-É curioso. Había dúbidas de incluílo a vostede nas listas electorais do 1 de marzo e agora pasa por ser un dos homes fortes do partido.

-Non sei a que dúbidas se refire. Eu nunca me preocupei das listas. Eun non falei con ninguén sobre como ían a quedar esas listas, pero eu sabía que o noso traballo anterior no Parlamento teríase en conta.

-¿Que relación ten vostede co presidente?

-Cal deles, ¿o presidente galego ou o presidente provincial?

-Pero, ¿cantos presidentes hai no PP?

-Si vostede pregunta polo de Galicia, téñoo claro. É moi satisfactoria e eu non teño máis que agradecer a súa confianza. Pola súa parte sei que me pide que o traballo sexa existoso.

-¿Saltou xa polos aires a estrutura territorial do PP con este congreso?

-Ese é un debate dos medios de comunicación. Desde que se fixo o anterior congreso, xa se demostrou un xesto de unidade en torno ao líder, aínda que conservando a lexítima aspiración da representación territorial. O que importa é o PP de Galicia, non tanto a representatividade. Na Xunta o presidente non pode andar mirando o DNI antes de nomear ós conselleiros e ver si son de tal o cal provincia. O que ten que pensar é en poñer ós máis capaces para gobernar. E no congreso a situación foi igual xa que decidiu configurar uns órganos de dirección aplicando a renovación que xa se empezara no anterior congreso, propiciando un cambio xeneracional, sobre todo despois dun hiperliderazgo como o de Fraga.

-Sin embargo, Baltar pretendía representación territorial tanto no goberno da Xunta como na dirección do partido.

-Esa é unha apreciación súa. Non sei si vostede compartiu as conversas entre Baltar e o presidente Feijoo. Eu, dende logo, non fun testigo.

-Eu tampouco, pero iso transcendeu publicamente porque así o dixo Baltar.

-Parece lóxico que o presidente provincial faga as propostas e que o presidente galego escoite. Así ten que ser porque senón xa me dirá vostede para que se quere unha estrutura provincial.