Ángel reclama maior conciencia na Administración e máis criterio á hora de aplicar a lei medioambiental
23 jul 2009 . Actualizado a las 02:00 h.Dende fai once anos a oenegué Amigos da Terra traballa en Ourense co obxectivo de mellorar a conciencia ecolóxica da poboación e de pórlle remedio a todo o que se fai en contra do entorno natural. Ángel Dorrío é técnico de medio ambiente desta entidade e segue moi de preto campañas como a recente Axuda a vivir, doa sangue e planta unha árbore ou a que trae voluntarios europeos á cidade de Ourense.
-¿Cal é o voso balance da campaña de doazón?
-Levamos xa nove anos coa campaña, en colaboración co Centro de Transfusión de Galicia e este ano, por primeira vez, con Voz Natura, e penso que foi un éxito, xa que a xente participou máis que en edicións anteriores. Rexistramos duascentas cincuenta doazóns na capital en apenas catro días. Todas esas persoas teñen como agasallo unha árbore autóctona que se lle dará no inverno, porque agora non é momento de plantar. Coas árbores que non se recollan nós faremos unha plantación cun colexio, o mesmo que fará Voz Natura, que plantará tamén a través dun colexio.
-¿É unha forma efectiva de concienciar a cidadanía?
-Si, e dos dous aspectos, o medioambiental e o social. Son os obxectivos básicos, xa que no verán as complicacións xorden nos dous ámbitos.
-¿Como vedes dende Amigos da Terra a conciencia ecolóxica dos ourensáns?
-Pouco a pouco se van vendo avances, pero é un traballo duro, porque costa chegar á sociedade. Si que é certo que cada vez hai más sensibilidade. Nós temos unha asesoría xurídica gratuíta e a xente chama para avisarnos de vertidos nas cunetas ou nos montes e de augas residuais. E o fan con ánimo de denunciar, así que nese sentido si que avanzamos.
-¿Avanzou tamén a Administración?
-Por parte da Administración as resolución que levan a cabo das denuncias ás veces non chegan; de feito, temos presentado denuncias ante o valedor do pobo porque nos recibimos contestacións das denuncias. Ás veces e difícil incluso que leven a cabo a resolución dunha denuncia.
-¿Como se comportan as empresas?
-Hai unha lexislación que teñen que , pero ás veces resulta máis barato cometer a infracción e pagar unha multa que cambiar os problemas e aplicar novos criterios de produción.
-Falamos agora do voluntariado europeo. Cada ano chegan a Amigos da Terra varias persoas dentro deste proxecto. ¿Como chegan a Ourense?
-Nós temos un programa coa Unión Europea, Xuventude en acción , que ten un apartado de voluntariado europeo. Nós levamos oito anos con este programa e xa recibimos a corenta voluntarios.
-¿Cal é a súa impresión?
-Ó principio é un impacto. Veñen cunha idea equivocada do que é España e que, ademais, non ten nada que ver con Galicia. Botan un ano en Ourense e a verdade é a verdade é que marchan contentos.
-¿Apúntanse moitos ourensáns?
-O programa non é tan coñecido como outros, de carácter universitario, por exemplo, pero conta con boas subvencións. O voluntariado case non ten que pagar nada, é moi asequible. En oito anos terán marchado algo máis de vinte ourensáns