«Eu estoulle vendo isto e non podo deixar de chorar» «A min aféctame igual malia que non veña por aquí» «Una señora me dijo que era bueno parar aquí a rezar»
OURENSE
«O que estou vendo paréceme un desastre. Isto non se pode aguantar. É unha pena. Síntome preocupado polo estrago que causaron as lapas na capela. Eu non viña moito por aquí, só entrei unha vez, pero non me gusta ver como este pequeno edificio queda no estado no que se atopa agora. É unha mágoa pola cantidade de devotos que ten esta imaxe da Virxe dos Remedios, que lle son moitos. A min aféctame igual malia que non veña moito por aquí».
«Me da mucha pena que haya ardido la capilla, no sé por qué circunstancias. Ardió también un uniforme de auxiliar de enfermería que le ofrecí a la Virgen como ex voto porque me ayudó para trabajar... Es una pena. Yo venía siempre a la romería del 8 de septiembre. Me enteré del incendio a primera hora de la mañana y acabo de llegar ahora. Yo siempre me paraba aquí porque una señora me dijo hace años que era bueno parar aquí y rezar una Salve. Me siento fatal».
«Eu estoulle vendo isto e chorando. Isto é case como se me pasara a min algo gordo na miña familia porque eu de meniña viña coa miña mamá por aquí e ao pasarmos pola Ponte, ela dicíame que había que rezar unha Salve á Virxe dos Remedios. Entón por esta situación non me podo sentir doutro xeito máis que triste, como supoño están os ourensáns todos porque esta é unha cousa nosa, esta devoción tan grande que lle temos á Virxe dos Remedios nesta capela súa».