«Pediremos o día das Letras para Carlos Casares»

OURENSE

02 mar 2011 . Actualizado a las 06:00 h.

Manuel Seoane Feijoo é na actualidade o presidente del Centro Cultural Popular de A Limia creado hai máis de dez anos.

-¿Cales son os principais obxectivos do centro?

- A principal función é a de facer actividades culturais para dinamizar os temas da comarca de A Limia. Da zona por onde pasa o río. Potenciar a súa propia cultura.

-¿Quen sodes o que formades parte deste grupo?

-Todos xente interesada para que salgan cousas, para que a cultura teña a súa saída a través da revista Lethes. Ademais facemos moitos actos, saídas literarias moitos tipo de publicacións.

-¿Cales son son os proxectos inmediatos?

- Estamos corrixindo e a punto de sacar o número 10 da revista Lethes, que sairá en dúas ou tres semanas. A periodicidade é dun ano. Temos aportación de artigos de diferentes materias, dende científicos a históricos, arqueolóxicos, etcétera. Escóllense entre 10 e 14 artigos e se confecciona a revista.

-¿Onde se poden atopar as publicacións que sacades á luz?

-Normalmente nas librerías de Ourense e se alguén ten interese pode contactar con nós.

-Hai uns días presentaron un volume moi especial.

-Si. Presentamos unha publicación con a participación de noventa persoas que mostraron a súa visión sobre A Limia

-Fálenos de outras actividades importantes para o 2011

-Estamos preparado xa varios actos, Case todo relacionados coa figura de Carlos Casares, xa que este ano cumpriranse dez da súa morte. Prepararemos un roteiro literario baseado na súa figura e ademais un ciclo de conferencias con temas que versen sobre o escritor e periodista. AdemAis pediremos o Día das Letras Galegas para Carlos Casares.

-¿E as actividades para nenos?

-Sacaremos en breve un conto de Antón Rivero Coelho para nenos que versará sobre a festa do Esquecemento, da mesma forma que fixemos o anterior sobre a memoria da Lagoa de Antela. Libros moi coidados tanto nos textos como nas ilustracións.

-A crise nótase tamén á hora de poder publicar.

-Cada vez é máis difícil publicar. Ata agora coas publicacións cubrías os gastos grazas as axudas que recibías, como as que viñan de a Xunta. Agora hai menos e hai que buscar alternativas. Por exemplo colaboracións co Museo da Limia que nos permitirá certo desafogo económico.