O Simeón amplía o prazo da exposición de esculturas de Ramón Conde

OURENSE

Máis de 3.500 persoas pasaron polo centro cultural dende que se abriu a mostra

19 oct 2012 . Actualizado a las 15:47 h.

O Centro Cultural da Deputación de Ourense decidiu prorrogar as datas da exposición de esculturas de Ramón Conde para atender a demanda que está a ter a primeira mostra do escultor ourensán no Simeón. En principio estaba previsto que o proxecto se pechase ao público o vindeiro día 28 de outubro, aínda que se aprazará a clausura ata o 11 de novembro debido a expectación creada pola mostra. Ata este momento pasaron pola exposición do Simeón máis de 3.500 persoas. Nas vindeiras semanas o centro abrirá ao público as mostras do Premio de Fotografía Purificación García e , de Xaquín Rosales, dentro das actividades vencelladas ao Outono Fotográfico.