![](https://img.lavdg.com/sc/2qQI0bDYsfLuaOvrOITe1q78gY0=/480x/2019/07/29/00121564422002710551744/Foto/1.jpg)
A conselleira Ángeles Vázquez comprometeu unha axuda de 60.000 euros
30 jul 2019 . Actualizado a las 19:05 h.A Mancomunidade do Ribeiro contará nun futuro próximo cun punto limpo móbil para dar servizo aos municipios vencellados á mesma. A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda subvencionará con 60.000 euros a implantación do referido punto limpo móbil e o mesmo servirá para atender as necesidades que se xeneran nos concellos de A Arnoia, Beade, Cenlle, Cortegada e Leiro. Así o anunciou a conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, na celebración dunha reunión coa Mancomunidade Intermunicipal Voluntaria do Ribeiro, entidade que aglutina a estes cinco municipios ourensáns e que foi unha das 30 beneficiarias da orde de axudas convocada polo seu departamento para a mellora da xestión municipal dos residuos. Para esta liña de axudas, a primeira que se pon en marcha dende a Xunta de Galicia, destinouse unha partida de 825.000 euros.