
O barrio do Couto contaba cun novo instituto
22 sep 2019 . Actualizado a las 17:29 h.Un ano, aquel 1985, no que os indicadores negativos da provincia xa facían saltar as alarmas e nos condenaban na listaxe das estatísticas.
despoboación
Menos xente e máis mortalidade infantil. O envellecemento da provincia vai en aumento, cunha intensa perda de poboación que afecta xa a máis do 80 % dos municipios ourensáns -nos que se rexistrou un crecemento vexetativo negativo-. Ademais, segundo se recolle no Mapa sanitario da comunidade autónoma, elaborado pola Xunta, Ourense ten a taxa de mortalidade infantil máis alta de Galicia.
economía
Máis paro. Non encetaba ben o ano: no mes de xaneiro o desemprego rexistraba un aumento dun 5 %. O número de parados era de 19.154 persoas.
sinistros
Incendios na Uceira. O mes de marzo rexistraba dous incendios en empresas do polígono industrial de A Uceira (O Carballiño). Unha fábrica de poliéster e outra de parqué víronse afectadas polo lume. En 20 e 25 millóns de pesetas, respectivamente, foron valoradas as perdas.
educación
Un instituto para O Couto. Comezaba a súa andaina o Instituto do Couto, situado en Rampla de Sas. As novas instalacións do centro educativo teñen capacidade para un total de 640 alumnos.
agricultura
Polémica pola parcelaria. Tensión e desencontros entre os veciños de Sabucedo da Limia polos reparto da concentración parcelaria. Algúns propietarios tentaron ocupar as parcelas que lle foran adxudicadas polo antigo Iryda (Instituto de Reforma y Desarrollo Agrario).
quiniela
Un millonario de dez anos. Sorpresa en Pazos (Verín) ao comprobarse que un dos boletos de 14 acertos da quiniela de fútbol é un rapaz de 10 anos. Felipe Rodríguez Fuentes cursa 5º de EGB no colexio Princesa de España de Verín. Cobrará case 14 millóns.