A Banda da Loba e Leilía tocan na romaría feminista

La Voz OURENSE

OURENSE

A Banda da Loba actúa en Barbadás
A Banda da Loba actúa en Barbadás BASILIO BELLO

A festa de Barbadás comezará o venres e seguirá o sábado

03 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Venres 4 e sábado 5 • Frente ao campo de fútbol dos Carrís (Barbadás) • A romaría feminista de Barbadás ofrece dous días de actividades. Mañá mesmo, a partires das nove da noite, abrirán os postos de comida e actuarán Carolina Rubirosa Band e Paula do Campo. Xa o sábado, ás 10.50 horas haberá música coas pandereteiras Euquechesei. Ás once, mesa redonda sobre o movemento feminista nas políticas públicas. Ás doce e media Irma Ruth del Ángel ofrecerá un recital de poesía. Á unha falarase de muller e deporte, mentres que ás cinco a mesa de debate será sobre activismo feminista nas redes. Ás sete comezará a música de novo con O son da Lila, e despois A banda da Loba, Leilía e Bambina.