
Severino González, xerente do Clúster da Pizarra, destaca a falta de información
09 oct 2019 . Actualizado a las 05:00 h.O sector da pizarra lidera as exportacións a Reino Unido, que é o seu segundo mercado internacional. Nese escenario, as incógnitas sobre o que sucedera se chega a aplicarse o Brexit son moitas. Severino González, xerente do Clúster da Pizarra, destaca a falta de información.
-¿Existe moita preocupación?
-Hai preocupación, aínda que información non temos moita. O certo é que desde que comezouse a falar do Brexit, a libra baixou a nós repercútenos moito. Pese a todo, a exportación segue funcionando moi ben, e estamos vendendo máis que o ano pasado.
-¿Que escenario prevé en caso de que haxa Brexit?
-Non se pode cerrar esa porta porque impoñan o Brexit, porque a pizarra é un produto moi prestixioso no Reino Unido. A cuestión é a que prezo lle vai chegar, en caso de que poñan aranceis ou baixe o valor da libra.
-¿Que lugar ocupa o Reino Unido na súa balanza de exportacións?
-É o segundo mercado máis importante para nós, so por detrás de Francia.