Na Praza Bispo Cesáreo estará a carpa centrada na historia de Galicia
09 nov 2019 . Actualizado a las 05:00 h.Hoxe • Todo o día • Ourense • Logo do concerto de Brañas Folk co que comezou o Magosto 2019 de Ourense, a xornada chega cun amplo programa de actividades e unha das propostas novidosas deste ano. Na praza Bispo Cesáreo poderase visitar o Espazo Galaico, un proxecto desenvolvido por Paco Boluda e Xavier Bobillo que ofrecerá un amplo programa de actividades durante os días 9, 10 e 11 de novembro. Achegamento á vida cotiá dos castros, obradoiros de varios tipos -dende fabricación de amuletos ao «laboratorio do tempo»- e outras propostas ofreceranse na carpa que estará aberta de 11.00 a 13.30 e de 16.30 a 20.00 horas.
No Liceo a cita será cos viños do Ribeiro. A partires das 12.30 horas haberá representación teatralizada nos xardíns do Padre Feijoo e de 12.00 a 14.00 horas poderase participar no túnel dos viños do Ribeiro que estará instalado no Liceo. A animación correrá a cargo de Equipo B e a Banda de Gaitas da Carballeira e Susana Seivane actuará na Praza Maior (20.00 horas).