2002: Da división empresarial ao parque natural da Serra da Lastra

La Voz OURENSE

OURENSE

No disponible

Hai 17 anos o hoxe falecido Fernando Fontán era reelixido presidente da Cámara de Comercio e Valdeorras sumaba un espacio protexido

22 dic 2019 . Actualizado a las 05:00 h.

Un ano, aquel 2002, que rexistrou novas como as seguintes.

Patrimonio

A finca Santamarina. O convenio asinado no seu día con Flager non resultaba como se esperaba e o proxecto estaba en vía morta. O titular «A finca Santamarina pode volver a ser dos ourensáns» resumía o escenario que se abría coa nova situación.

Vertedoiro

Clausurado Eiroás logo de vinte anos. O selado do espazo que servira de vertedoiro da cidade durante vinte anos daba paso a unha zona verde. Tamén se crearon dous puntos limpos.

Crise empresarial

Fernando Fontán, presidente da Cámara. A sintonía entre a CEO e a Cámara de Comercio de Ourense pasara a mellor vida. Nunhas eleccións onde quedou patente o desencontro entre as dúas institucións, Fernando Fontán conseguía de novo a presidencia da Cámara.

Cultura

Arte na rúa e un Oscar en A Rúa. Entre as iniciativas culturais do ano figuraban iniciativas como a instalación da escultura Nexus VI, de Xosé Lois Carreira, no entorno da Ponte do Milenio. No Festival de Cine de Ourense participou Jean Xavier de Lestrade, que chegou á cidade co seu Oscar e viaxou con el á Rúa para coñecer a terra da que procedía parte da súa familia.

Infraestruturas

O Auditorio, o gran proxecto pendente. A creación dun Auditorio para a cidade era a teima que non remataba por verse cumprida. As obras seguían e o conselleiro de Política Territorial, Xosé Cuíña, visitaba os traballos. A primavera do 2004, data inicial para o remate das obras, xa hai tempo que quedou desbotada como horizonte para ter rematado o proxecto.

Medio ambiente

Parque natural para Valdeorras. A Serra da Lastra converteuse no primeiro parque natural da comarca de Valdeorras. En total son 3.151 as hectáreas de terreo que pasaron a estar protexidas.