«Estou chea de gratitude polo premio, polo que supón e por vir de onde ven»

Cándida Andaluz Corujo
c. andaluz OURENSE /LA VOZ

OURENSE

PACO RODRÍGUEZ

Marta Pazos  recibe hoxe o premio de honra Roberto Vidal Bolaño 2020 da MIT

17 jul 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT) abre hoxe as súas portas (20.00 horas, igrexa da Madalena) co acto de entrega do premio de honra Roberto Vidal Bolaño 2020 concedido ó mérito nas artes escénicas a Marta Pazos, da compañía Voadora.

-Estou moi feliz e chea de gratitude, porque é un premio moi especial en si e polo que supón. É moi importante por vir de onde ven, polo que supón para o noso teatro e pola miña historia persoal e da compañía coa MIT.

-¿Cal é a súa relación coa MIT ao longo deste tempo?

-Primero como espectadora. Deume a oportunidade de descubrir o traballo de artistas que admiro e que normalmente para poder velos teño que coller un avión ao estranxeiro. Como artista, teño un vinculo moi estreito. A MIT sempre tivo unha boa relación con Voadora, de apoio. O director, Roberto Pascual, é unha persoa cunha mente creativa moi aberta e xenerosa.

-Ademáis de recoller o premio, estará presente nun taller.

-Estrearemos Othello, a nova produción de Voadora, no 2021 na MIT. Este ano será a base dun obradoiro que a compañía desenrolará en Ribadavia durante a celebración da mostra. Está reducido a doce participantes pola covid.

-Falando de creatividade, ¿como inflúen os tempos nos que vivimos?

-A creatividade lévase dentro e tes que adaptala, facendo cousas doutro xeito. Pero é inevitable para nós seguir creando como artistas e falar do presente. É un momento moi interesante porque o mundo artístico estase reformulando para ir cara o outro sitio. Agora estamos no ollo do furacán pero dentro duns anos, cando miremos para esta época, descubriremos que algo cambiou.

-Dramaturga, intérprete, directa artística, de escena.... ¿Quen é Marta Pazos?

-O xeito que teño de relacionarme coa arte non é estanco nin xerárquico. É inevitable ter que definirse, quizais creadora escénica. Agora mesmo, no que máis traballo é de directora de escena, pero realmente son, tamén, o resto das cousas. Sería coma unha comunidade de Martas (ri) que conviven, van flutuando e unhas alimentan ás outras.