Presentación do libro «EnsambleIsaac», na memoria de Díaz Pardo

La Voz OURENSE

OURENSE

O libro é unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo
O libro é unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo VÍTOR MEJUTO

O acto será ás 19.30 horas no Liceo Recreo Ourensano

14 dic 2020 . Actualizado a las 05:00 h.

Andavira Editora presenta o libro EnsambleIsaac, unha obra artística da autoría de Pacodíaz na que, arredor dunha escultura deseñada e construida polo autor en base a pezas ensambladas dunha ampla representación de oleiros e ceramistas galegos, ensámblanse ademais: aportacións literarias, fotográficas, pictóricas e musicais para lograr un conxunto artístico que constituirá o Memorial EnasambleIsaac instalado no Castelo de Santa Cruz, en homenaxe e en memoria permanente de Isaac Díaz Pardo. Intervirán o autor do proxecto, Pacodíaz; o oleiro de Niñodaguia Agustín Vázquez; Soledad Felloza, que recitará poemas de Luz Pozo Garza; e a directora de Andavira, Lucila Ventoso.

O acto será ás 19.30 horas deste luns 14 de decembro, no Liceo Recreo Ourensano.